Somos un grupo de amigos afeccionados ao viño que un día ocorréusenos facer dun pracer unha asociación cultural sen ánimo de lucro. O noso obxectivo é fomentar diferentes actividades culturais vinícolas no noso territorio, Galicia.
Estamos nunha fase inicial na que xa definimos unha estrutura e uns estatutos como asociación, reflectindo a nosa motivación e filosofía, así como uns fundamentos a fin de dar viabilidade a esta gran aventura.
Aínda temos un longo camiño por percorrer antes da inauguración oficial que nos gustaría compartir contigo. Pronto iremos actualizando información como os estatutos, novidades e situación actual da asociación, pero se estás interesado e desexas conecernos un pouco máis, podes atoparnos en Rúa do Miño, 26-34, 27001 Lugo, Galicia.
«O viño lava as nosas inquietudes, enjuaga a alma ata o fondo e asegura a curación da tristeza.» Lucio Anneo Séneca.
Formulario de contacto